Instalación e vídeo
Documentado en fotografía analóxica
2023
O centro, tanto física como conceptualmente, é unha mesa de comedor disposta con un mantel vermello a cuadros que acolle xusto no medio un prato cunha tortilla elaborada no día. A tortilla destaca, iluminada por un foco teatral que contrasta coa penumbra do resto da sala e coroada cunha garabateada bandeira de España chantada cun palillo. Intencionada pero sutilmente, a tortilla está no centro do discurso españolista, sendo o único plato presente de forma homoxénea no territorio do estado e convertíndose así no blanco perfecto para a politización discreta, o nacionalismo banal.
A gastronomía, e en especial a tortilla, constituíron durante décadas unha ferramenta máis para o adoctrinamento e a construción da nación e a identidade española.
A figura de Franco está incluída na instalación, aparecendo como un pequeno retrato enmarcado do dictador, que fai acto de presencia observando e asegurándose de que as súas maniobras dan froito. Ao seu lado, un crucifixo que o acompaña completa a simboloxía representante do réxime.
1termo de marketing
Gastronomía e política, tortilla, instalación, cultura, identidade, arquivo
Antwerpen