VIOLETA
CHOUCIÑO VEIGA
(A Coruña, 1999) é unha artista visual multidisciplinar galega que aborda temas como a nostalxia, a identidade ou a cultura, usando a miúdo arquivos como metodoloxía que resultan en proxectos fotográficos, videográficos, de libro de artista, serigrafía ou instalación. A narrativa e as anécdotas son centrais na súa obra, inspirada en grande parte pola cultura da súa terra e a súa propia casa e familia.
Recentemente rematado o libro de artista “The 5 tortillas my grandma gave birth to” (As 5 tortillas que miña avoa deu a luz), a súa práctica desenvólvese na actualidade cara dous novos proxectos sobre sociolingüística e material encontrado.
Tras graduarse en Belas Artes na Facultade de Belas Artes de Pontevedra (UVigo) en 2021, Violeta múdase a Amberes para continuar os seus estudos en Sint Lucas Antwerpen, onde estuda tanto o Premaster como o Master of Visual Arts in the Sociopolitical and Autonomous context respectivamente. En 2022 é galardonada coa Bolsa de Artes Plásticas e Visuais da Deputación da Coruña permitíndolle expandir o seu proxecto artístico persoal, exposto ultimamente na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (A Coruña) ou Arttelex (Antwerpen).
Violeta é tamén fotógrafa, coordinadora e locutora dun podcast autoxestionado (Vio pensa en alto), e máis recentemente DJ e cociñeira amateur.
CV
Violeta considérase artista disciplinar e creativa todoterreno, baseándose na variedade e multiplicidade dos proxectos aos que se enfrontou ao longo dos seus anos activos como artista.
A pesar de que a fotografía é a técnica principal que manexa, abordou xa todas as ramas das Artes Visuais, sendo a serigrafía e o tratamento de material encontrado outras especialidades, e trascendendo incluso con proxectos musicais, lingüísticos e de cociña.
Experiencia profesional
- 2024: Exposición colectiva “Expofanzines”, enmarcada en Viñetas dende o Atlántico, A Coruña, Galiza.
- 2024: Exposición colectiva “Not into decoration”, enmarcada nas xornadas de Antwerp Art, en Sint Lucas Antwerpen, Amberes.
- 2023-2024: Modelo para clases de debuxo e pintura en Sint Lucas Antwerpen, Bélxica.
- 2023-2024: Fotografía de eventos para Het Bos, Amberes (voluntaria). https://www.hetbos.be/door-violeta-choucino-veiga
- 2023-2024: Asistencia de tradución e copywriting para a revista de cómic e ilustración Boa Onda, Galiza.
- 2023: DJ residente en Café de Prof, Amberes.
- 2023: Deseño gráfico e editorial para o boletín anual do BNG de Culleredo, Galiza.
- 2023: Performance sobre o traballo doméstico en espazos queer co Strangelove Collective, Amberes.
- 2023: Recepción para o kortfilmfestival (Festival de curtametraxes) de BREEDBELD, Amberes (voluntaria).
- 2023: Exposición colectiva no marco do festival Vruchtbare Grond en Het Bos, Amberes.
- 2023: Produción e mediación para o Festival de Arte Publiek Park, Amberes (voluntaria).
- 2023: Exposición urbana colectiva “Nomes Propios”, en todo o territorio galego.
- 2023: Exposición colectiva “Master expo”, show de graduación de Sint Lucas Antwerpen, Amberes.
- 2023: Deseño gráfico e editorial, produción e impresión manual do meu propio libro “The 5 tortillas my grandma gave birth to” (”As 5 tortillas que miña avoa deu a luz”).
- 2023: Colaboración, deseñando un menú e executándoo para 60 persoas, no proxecto de cociña Boskeuken en Het Bos, Amberes.
- 2023: Residencia Artística en Het Bos, Amberes.
- 2023: Exposición colectiva “Potluck” en Arttelex, Amberes.
- 2022: Exposición en solitario “A cidade da Coruña, wrapped”, Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, A Coruña.
- 2022: Deseño gráfico para a campaña do 8M de mulleres trans no deporte da Biblioteca de CCAFYD, UDC, A Coruña.
- 2021-2022: Fotografía editorial de moda para María Alborés Lojo, Royal Academy of Antwerp, Amberes.
- 2021: Colaboración no proxecto e fotolibro colectivo “Coruña perpetua” de Atelier de fotografía, A Coruña.
- 2021: Exposición colectiva “Galería dunha escaleira”, Pontevedra.
- 2020-2021: Exposición colectiva “Rueiro de artistas”, Cambados.
- 2019: Fotografía principal de campaña das eleccións municipais para o BNG de Culleredo.
- 2018: Pintura por encargo para cuadromanía, Culleredo
Formación académica
- 2023: Master en artes visuais no contexto autónomo en Sint Lucas Antwerpen (KdG)
- 2022: Premaster en artes visuais no contexto sociopolítico en Sint Lucas Antwerpen (KdG)
- 2021: Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo.
- 2019-2020: Mobilidade Erasmus+ na UNIWA de Atenas, Grecia, na especialidade de Fotografía e Artes Visuais.
- 2017: Graduada en Bacharelato no IES Adormideras, na modalidade de artes, A Coruña.
Formación complementaria
- 2022: Formación en produción e DJ (Het Bos, Amberes)
- 2020-2022: Curso de patronaxe, corte e confección (La Mapache, A Coruña/Santiago de Compostela)
- 2019: Carnet de conducir B1
- 2010-2017: Linguaxe musical e piano (Escola de Música Sementeira de Cambre)
Idiomas falados
- Galego: Falante nativa
- Castelán: Falante nativa
- Inglés: Nivel C2 (Cambridge University Certificate 2023)
- Francés: Intermedio
- Neerlandés: Básico (aprendendo)
Outros
- 2023: Colaboradora no proxecto “Antwerp Queer Choir” (Coro queer de Amberes).
- 2022-2023: Galardonada coa Bolsa de Artes Visuais e Plásticas da Deputación da Coruña.
- 2022: Coordinadora e locutora do podcast “Vio pensa en alto”.