VIOLETA CHOUCIÑO VEIGA
Una, grande y libre

Deseño, impresión dixital, serigrafía
2023

Co obxectivo de crear a marca, a imaxe da miña exposición de fin de master, naceu o print dixital “Una, grande y libre”. A idea ven tanto da contade de crear un gráfico moi directo e visual para o concepto da tortilla estando no centro mesmo da simboloxía do nacionalismo banal español, coma de facelo parecer tan ridículo que é imposible que penses que non é irónico.

A guinda do pastel e o título, Una, grande y libre, refírese a un slogan usado por Franco e os franquistas para describir España -Una, un país unificado, grande, como o imperio español, a grandeza, e libre, con ese significado de liberdade que todas as formas de fascismo presumen protexer- forzándoo a que esta vez o significado sexa sobre a tortilla por asociación, e facéndoo así aínda máis esaxerado.

Máis tarde, tamén desenvolvín unha versión en serigrafía.





Deseño, tortilla, política, gastronomía e política, nacionalismo español
Antwerpen









PROXECTOS RELACIONADOS


Violeta Chouciño Veiga

Email
Instagram

Info

Violeta Chouciño Veiga é unha artista visual multidisciplinar galega que aborda temas como a nostalxia, a identidade ou a cultura, usando a miúdo arquivos como metodoloxía que resultan en proxectos fotográficos, videográficos, de libro de artista, serigrafía ou instalación.

Actualmente

Recentemente rematado o libro de artista e autopublicación “The 5 tortillas my grandma gave birth to” (As 5 tortillas que a miña avoa deu a luz), a súa práctica actual desenvólvese da man de dous novos proxectos sobre sociolingüística e material encontrado.