The 5 tortillas my grandma gave birth to (and the many more yet to come) [As 5 tortillas miña avoa deu a luz (e todas as que están por vir]

Libro de artista
Impreso en risografía e serigrafía
Bilingüe Galego-Inglés
71 páxinas, 29 copias
2023

A partir de 5 entrevistas da tortilla que levei a cabo no verán de 2022, nace o rexistro de 5 receitas diferentes.

A publicación “The 5 tortillas my grandma gave birth to (and the many more yet to come)” [As 5 tortillas miña avoa deu a luz (e todas as que están por vir] é un libro de cociña simbólico unicamente de tortilla que recolle as receitas da tortilla de meu pai e as súas 4 irmás, e ademais todos os intentos de facela eu mesma, como unha forma de reunir o meu patrimonio familiar e documentar o meu propio proceso de aprendizaxe da tortilla ao mesmo tempo.

É un recetario vulnerable, case coma un diario.




Libro de artistacomida, cultura, deseño, arquivo
Antwerpen



Miña avoa Violeta deu a luz en 1970 a miñas tías as gemelas, as súas últimas fillas, definindo así como se aprendería e distribuiría o seu legado. 
7 bocas que alimentar, sendo 5 delas as súas fillas, foron a causa do que se convertiu nos seus dous traballos a tiempo completo: unha ferretería nunha vila pequena e o seu “deber” doméstico con todo o que conlevaba.

Miña avoa convertiuse entón, como nai, nunha institución gastronómica.

É xusto dicir que ela fixo máis tortillas neses 50 años das que eu probablemente farei en toda a miña vida; e da súa receita perfecionada iniciáronse 5 procesos de aprendizaxe da tortilla, nacendo 5 recetas de tortilla lixeiramente diferentes.

Cando probei -a que non sabía que era- a súa última tortilla decidín que algún día quería que a miña tortilla fora igual de boa. 
Cando morreu en 2020, o único no que podía pensar era en recoller todo o posible da súa esencia e aspectos significativos da súa vida. Non foi ata este ano cando me acordei dos meus pensamentos e obxetivos sobre o tema e empecei a interesarme pola cocina relacionada coa práctica artística




A tortilla é algo tan sagrado para min que sempre lle tiven medo a facela eu por si me saía tan mal que lle collería manía. Despois de ter unha epifanía e a idea para este proxecto, decidín empezar para perfecionar a miña propia receita. A información que recollerei tamén vai ser como a miña vara de pescar, xa que vou poder facer tortilla para min mesma cada vez que me apeteza.

Esto é o que escribín antes de empezar a recoller en forma de receita cada vez que facía tortilla para aprender dos meus erros:
“O meu caderno de campo é un proxecto en curso para conseguir a tortilla perfecta, e despois pasar polo proceso de automatizar cada pequeno paso, como un acto performativo pero tamén como un obxectivo de vida para min como persoa.

O caderno de campo documenta cada vez que fago tortilla, xeralmente para un grupo de amigos ou a miña familia. Gustaríame que actuara tamén como un rexistro de como evolucionan as miñas relacións sociais a través da comida e compartir receitas, mentras e observo e experimento con como podo introducir no meu círculo social a tortilla como icono.”


Cada receita deste libro foi transcrita respectando a linguaxe que usei no momento de recollelas, exceptuando adaptacións gramaticales por cuestión de coherencia cara o lector.

Traducín todo o contido do libro ao inglés por poder compartir o proxecto con máis xente que se interesou por el e me apoiou dende o principio.




Hai unanimidade na miña familia no feito de que a mellor tortilla do mundo era a que facía miña avoa. Aínda así, meu pai sempre di que cada unha das súas catro irmás fai unha competencia moi digna, cada unha á súa maneira, e a del é tamén unha das miñas favoritas. 
Por eso decidín comezar este proxecto, para recoller nun rexistro detallado as súas tortillas, poder aprender delas e aportar o meu gran de area ao patrimonio familiar.


“Os libros de cociña caseiros sirven como rexistros históricos ou xenealóxicos do patrimonio culinario. As receitas representan unha faceta da historia familiar e proporcionan un medio para transmitir as tradicións á seguinte xeración” (Davis, e tal., 201)




Unha das razóns pola que non teño A receita con maiúsculas, é que miña avoa morreu antes de que eu comezara o meu interese polo proxecto. 

Esto non solo é unha sombra sobre o libro e o proxecto en xeral, o pensamento de non ir saber nunca da súa man cal é a receita1, senón que tamén me deixa a incógnita dos proxectos que virán para os que progresivamente vou ir tendo ausencias de información por faltarme xente. Lonxe (máis ou menos) de deprimirme, esto impúlsame a crear máis no tempo que teño.

Outra das razóns, é tamén a razón pola que a tortilla non ten rexistro nos libros de cociña ata que comezou a usarse como elemento de construción da nación española no século XIX2 para que as élites comezaran a comer o que era unha comida de pobres: todo aquel que quere facela, xa sabe facela. 
A tortilla é un plato cun índice altísimo de traspaso xeracional, un indicio e exemplo vivo da tradición oral.


Miña avoa nunca escribiu a súa receita da tortilla porque é algo redundante; unha vez tes as claves da túa tortilla é algo que non se esquece nunca, como montar en bici.

A muller á que lle dedico un libro tamén é a muller da que herdei o nome.
Violeta era unha persoa cabezona, que sabía todo o que había por saber en Malpica, sabía regatear coma ninguén, era lista coma un allo, gustáballe ter a razón e que as cousas funcionaran como ela quería, tiña moito sentido do humor e un grande sentido do coidado e o cariño; despois de todo, era a matriarca dunha familia de máis de 20 persoas.


Gústame pensar que son coma ela nalgunhas cousas.



1 Hai un subproxecto en curso para intentar recrear a tortilla de miña avoa a través dos recordos das súas fillas.
2 Un tema sobre o que falo de forma extensa na parte teórica do meu tfm, “We don’t talk about politics at the table”.





Mari, a irmá maior



Ana, a segunda irmá máis maior
     
Papá, o irmán do medio








Rita, a gemela maior
     
Susi, a gemela pequena






     

















PROXECTOS RELACIONADOS


Violeta Chouciño Veiga

Email
Instagram

Info

Violeta Chouciño Veiga é unha artista visual multidisciplinar galega que aborda temas como a nostalxia, a identidade ou a cultura, usando a miúdo arquivos como metodoloxía que resultan en proxectos fotográficos, videográficos, de libro de artista, serigrafía ou instalación.

Actualmente

Recentemente rematado o libro de artista e autopublicación “The 5 tortillas my grandma gave birth to” (As 5 tortillas que a miña avoa deu a luz), a súa práctica actual desenvólvese da man de dous novos proxectos sobre sociolingüística e material encontrado.