Performance colaborativa,
2023
Cámara (fotos): Amber Cnaepkens
Cámara (vídeo): Nastia Krasinkaia
Os participantes foron divididos en 5 grupos, e cada un deles cociñaba unha das receitas, seguindo a transcrición orixinal segundo as miñas entrevistas no seu idioma orixinal, o galego.
Seguir as receitas orixinais era esencial para min -usando ademais o coñecemento culinario como un arquivo-, para poder descontextualizalas con éxito e facer partícipe e consciente á xente que tomaba parte no taller do anaco de cultura que estaban tomando prestada. É moi político porque está relacionado co meu proxecto de fin de master no que explico como se lle fixo un “cambio de imaxe” á tortilla para ser percibida como inherentemente española.
Dende a necesidade de documentar a experiencia, xordeu O VÍDEO.
O vídeo foi mostrado xunto co libro e un texto explicativo na exposición colectiva ‘Vruchtbare Grond’, en outubro de 2023.
Comida, tortilla, gastronomía e política, cultura, arquivo
Antwerpen
Exhibition Vruchtbare Grond, October 2023