Retratos inertes [traballo de fin de grao]
Fotografía dixital, edición dixital
70x100cm
2021
Un inventario fotográfico e análise visual de todo o contido do trasteiro da miña casa, física e emocionalmente.
A obra reflexiona sobre a acumulación de obxectos que se atopan no limbo entre manterse ou marchar das nosas vidas, sendo así unha analoxía coa maneira na que gardamos os recordos, e convertíndose nun arquivo involuntario para o rastro das nosas vidas.
Os membros do meu núcleo familiar axudáronme a darlle forma coa súa percepción do imaxinario da memoria que estes obxectos evocan, adquirindo presencia coma personaxes da historia.
O meu obxectivo é narrar un conto que é ao mesmo tempo o da miña vida e un espello no que calquera pode verse a si mesmo. Todo o mundo ten un trasteiro tanxible e un metafórico.
Fotografía, identidade, arquivo, obxectos
Galiza
PROXECTOS RELACIONADOS
Violeta Chouciño Veiga
Email
Instagram
Info
Violeta Chouciño Veiga é unha artista visual multidisciplinar galega que aborda temas como a nostalxia, a identidade ou a cultura, usando a miúdo arquivos como metodoloxía que resultan en proxectos fotográficos, videográficos, de libro de artista, serigrafía ou instalación.
Actualmente
Recentemente rematado o libro de artista e autopublicación “The 5 tortillas my grandma gave birth to” (As 5 tortillas que a miña avoa deu a luz), a súa práctica actual desenvólvese da man de dous novos proxectos sobre sociolingüística e material encontrado.