Performance
Parte do evento Queer Transmisions co colectivo Strangelove
Emitido en directo dende o Bosbar pola plataforma de radio WE ARE VARIOUS
2023
Fotos de Simon Van Looveren
Noutra revisión do libro “The 5 tortillas my grandma gave birth to (and the many more yet to come)” [”As 5 tortillas que miña avoa deu a luz (e todas as que están por vir)”], exploro o que significa ter o poder culinario nas túas mans para poder ser independente.
Como a segunda parte do libro xa insinúa e sutilmente explica, creo na tortilla como axente de comunidade, e desenvolver a túa propia práctica ao redor dela significa poder escoller con quen a compartes, creando os teus propios ámbitos comúns e domésticos.
A performance consistiu en ler a receta de meu pai -recollida no libro- en voz alta, precisamente compartindo nese momento un anaco de coñecemento doméstico coa audiencia.
Despois de ler a receta, lin ademais un texto da miña elaboración:
“Tortilla is rarely cooked for one eater, as its core essence is to be shared, and so making tortilla for the first time is a step on the way of becoming a functional adult.
Learning to make tortilla is on itself a ritual towards maturity; it denotes the ability of feeding others than oneself, and therefore proves to be ready for the construction of one’s own community and care network.
Cooking, as all domestic work, is a survival skill that not only makes you independent but also confident in yourself and your abilities, which makes it a relevant asset for one to be able to choose who to get surrounded by. Independence, and so, sharing your life with people by choice and not dependence, is the key to community.
If knowledge is power, domestic knowledge is the power to craft yourself your own home, an emancipating tool if needed.”
(gal)
“A tortilla rara vez se fai para un comensal, xa que a súa esencia é ser compartida, polo que facer tortilla por primeira vez é un paso para convertirse nun adulto funcional.
Aprender a facer tortilla é en si mesmo un ritual cara a madurez; denota a habilidade de alimentar a outros ademais que a un mesmo, e polo tanto demostra estar preparado para a construción da propia comunidade e rede de coidados.
Cociñar, coma todo traballo doméstico, é unha aptitude de supervivencia que non solo te fai independente, tamén seguro de ti mesmo e das túas capacidades, o que o convirte nun activo relevante para que un poida escoller de quen rodearse. A independencia, e por ende, compartir a túa vida coa xente por elección, e non dependencia, é a clave da comunidade.
Se o coñecemento é poder, o coñecemento doméstico é o poder de fabricars o teu propio fogar, unha ferramenta de emancipación, de ser necesaria”.
Podes escoitar a performance facendo clic no símbolo de play que aparece a continuación, a través da páxina web de WAV, dende o minuto 14:30.
Gastronomía e política, tortilla, performance, queer
Antwerpen