Cousas que esqueces ao marchar
Fotografía dixital
2020
O día que miña avoa morreu, aínda en shock, levei a miña cámara á súa casa. A atmósfera sentíase semellante a un lugar no radio dunha bomba que acaba de aterrar.
Con estas fotos, que nunca se puideron ter feito nun día diferente, quería preservar as últimas trazas da súa esencia, que se mostraban como resultado das tarefas máis cotiás e da organización da súa casa.
“Cousas que esqueces ao marchar” é un poema, unha conversa unidireccional para facer as paces cos recordos e dicir adeus na miña propia forma, en paz.
Fotografía, identidade, nostalxia, morte, arquivo, obxectos
Galiza
PROXECTOS RELACIONADOS
Violeta Chouciño Veiga
Email
Instagram
Info
Violeta Chouciño Veiga é unha artista visual multidisciplinar galega que aborda temas como a nostalxia, a identidade ou a cultura, usando a miúdo arquivos como metodoloxía que resultan en proxectos fotográficos, videográficos, de libro de artista, serigrafía ou instalación.
Actualmente
Recentemente rematado o libro de artista e autopublicación “The 5 tortillas my grandma gave birth to” (As 5 tortillas que a miña avoa deu a luz), a súa práctica actual desenvólvese da man de dous novos proxectos sobre sociolingüística e material encontrado.