VIOLETA CHOUCIÑO VEIGA
A cidade da Coruña, wrapped

Fotografía dixital
2021

30 fotógrafos foron reunidos para camiñar xuntos en 3 seráns distintos arredor de 3 barrios diferentes para retratar a cidade da Coruña a través dos seus ollos.

A miña contribución, “A cidade da Coruña, Wrapped”, é un lixeiro guiño a Christo e Jean-Claude, xa que me centrei nas numerosas fachadas que algunha vez foron cubertas de andamios para non volver ver a luz. Os edificios envoltos (wrapped) convertíronse nunha parte tan normalizada da cidade que para poder fotografialos tiven que facer un esforzo extra.

As imaxes retratan a plasticidade e materialidade das teas, con especial atención ás cores e texturas, que fan esquecer a decadencia que caracteriza a estampa por momentos ao achegarse na súa forma a unha instalación artística.



A serie foi exposta entre xullo e agosto de 2022 na sede da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, na Coruña.





Fotografía, nostalxia,
Galiza








Violeta Chouciño Veiga

Email
Instagram

Info

Violeta Chouciño Veiga é unha artista visual multidisciplinar galega que aborda temas como a nostalxia, a identidade ou a cultura, usando a miúdo arquivos como metodoloxía que resultan en proxectos fotográficos, videográficos, de libro de artista, serigrafía ou instalación.

Actualmente

Recentemente rematado o libro de artista e autopublicación “The 5 tortillas my grandma gave birth to” (As 5 tortillas que a miña avoa deu a luz), a súa práctica actual desenvólvese da man de dous novos proxectos sobre sociolingüística e material encontrado.